miércoles, 24 de noviembre de 2010

jueves, 11 de noviembre de 2010

Teatro




O día 13, todos os grupos de 1º de Bacharelato acudimos á representación teatral Baby Boom no paraíso da compañía ourensá Teatro Muxicas, dirixida por Tito Asorey.
Este grupo de teatro sorprendeunos non só por tratarse dun conxunto de cegos ou con discapacidade visual, senón tamén pola temática da obra acerca do embarazo e todo o que se xera en torno a el: relacións de parella, presións familiares, etc, e sempre desde o humor e a ironía.
Resultou,pois, un espectáculo que mantivo sempre a nosa atención, especialmente no que se refire á actuación das dúas actrices e o ben que todos se desenvolveron no escenario.
Podedes deixar aquí os vosos comentarios.

martes, 19 de octubre de 2010

As Médulas


Alumnos de 4º de ESO,1ºe 2º de Bacharelato, acompañados por profesores dos departamentos de Latín, Lingua castelá e Lingua galega,realizamos o día 13 de outubro unha viaxe ás Médulas e Vilafranca do Bierzo. Visitamos a Aula Arqueolóxica de As Médulas onde comprobamos os vestixios da civilización romana da zona e a continuación, acompañados dun guía, fixemos o percorrido pola explotación mineira. Pola tarde dirixímonos á bonita localidade de Vilafranca do Bierzo. Podes deixar o teu comentario e valoración sobre esta actividade.

martes, 5 de octubre de 2010

TEATRO

Os alumnos de 2º de bacharealo asistiron no Auditorio Municipal de Ourense á representación da obra de Álvaro Cunqueiro O incerto Sr. don Hamlet,príncipe de Dinamarca realizada polo grupo Sarabela Teatro.
Podes deixar aquí o teu comentario sobre algún aspecto da obra como: a recreación do mito por Cunqueiro, o teatro dentro do teatro, a relación da obra coa do autor inglés,co teatro clásico, o tema da loucura e da vinganza, a busca da propia identidade,os sentimentos,etc.,ou simplemente a túa valoración sobre a obra ou a posta en escena.

sábado, 15 de mayo de 2010

Correlingua 2010

Co lema: galego: a forza do noso amor, en clara referencia ao verso de Uxío Novoneyra, vimos de celebrar en Ourense un ano máis este acto lúdico-educativo de reivindicación da nosa lingua.Este ano máis que nunca sentimos desde o noso centro a necesidade de expresar o noso compromiso e estima polo idioma.
Alumnos de 3º e 4º de ESO despregaron as pancartas, realizadas por eles mesmos, percorrendo as rúas da cidade e terminando na Praza Maior onde se leu o Manifesto, se concederon os premios ás mellores pancartas e onde puidemos ver o espectáculo festivo e teatral de Machina e Chévere.

a>

martes, 2 de marzo de 2010

Orgullosos/as do noso. Orgullosos/as do galego

Quermos transmitir un sentimento de orgullo pola lingua propia como sentimento de todos os galegos á marxe de orixe, ideoloxía, credo ou idade.A lingua é un elemento de unión e un rico patrimonio de futuro que nos dota de oidentidade e nos conecta con millóns de persoas en todo o mundo.

Orgullos@s do galego from Coordinadora Galega ENDL on Vimeo.

martes, 23 de febrero de 2010

miércoles, 3 de febrero de 2010

Contacontos en inglés e galego

Esta actividade organizada polo ENDL, polos seminarios de Inglés e Lingua Galega e patrocinada pola AMPA, desenvolveuse no salón de actos do noso instituto para os alumnos de 3º,4º de ESO e 1º de Bacharelato. En dúas sesións, o narrador profesional de orixe británica Tim Bowley e a galega Charo Pita propuxéronnos a través das súas historias, unha viaxe fantástica por mundos imaxinarios ao mesmo tempo que contribuíron a reforzar os coñecementos dos dous idiomas.

martes, 2 de febrero de 2010

Críticas ás Bases do Decreto de plurilingüismo da Xunta


Primeiro a RAG e hoxe o Consello da Cultura Galega, presentaron as súas obxeccións ao proxecto de Decreto elaborado pola Consellería de Educación para o uso das linguas no ensino, uníndose así á forte contestación que o mesmo espertou no ámbito educativo e na sociedade en xeral. Agardamos deste Goberno un pouco de "sentidiño" para conseguir os consensos necesarios.
http://www.realacademiagalega.org/PlainRAG/notices/files/Bases_RAG_4.pdf
http://consellodacultura.org/files/2010/02/ditame_ccg_bases_decreto.pdf

sábado, 23 de enero de 2010

Concurso de SMS en San Valentín

“Dillo en galego con amor”

Para conmemorar o día de San Valentín, o próximo 14 de febreiro, desde o ENDL organizamos un concurso de SMS de amor.
Trátase de premiar a mellor mensaxe de amor a través do teléfono móbil escrita polos alumnos do noso centro. Non deberá exceder dos 300 caracteres(incluídos espazos en branco).
Todas as declaracións de amor deberán estar escritas en galego cunha temática amorosa, en prosa ou en verso. Terase en conta o grao de elaboración e a orixinalidade.
A organización do concurso poderá desbotar aquelas mensaxes de carácter discriminatorio ou ofensivo.
Teredes que enviar a mensaxe escribindo un comentario a esta noticia no blog: www.endlcouto.blogspot.com
Haberá tres gañadores que recibirán como agasallo recargas telefónicas de 20€, 15€ e 10€, respectivamente, segundo resultaren 1º, 2º ou 3º gañador.
As mensaxes publicaranse neste blog. O prazo para recibir as mensaxes é o 18 de febreiro
Animádevos a participar!!

jueves, 21 de enero de 2010

"Queremos Galego"

Hoxe miles de galegos manifestámonos contra a política lingüística da Xunta e contra o borrador do decreto polas rúas de Santiago, enchendo a Praza do Obradoiro.