sábado, 23 de enero de 2010

Concurso de SMS en San Valentín

“Dillo en galego con amor”

Para conmemorar o día de San Valentín, o próximo 14 de febreiro, desde o ENDL organizamos un concurso de SMS de amor.
Trátase de premiar a mellor mensaxe de amor a través do teléfono móbil escrita polos alumnos do noso centro. Non deberá exceder dos 300 caracteres(incluídos espazos en branco).
Todas as declaracións de amor deberán estar escritas en galego cunha temática amorosa, en prosa ou en verso. Terase en conta o grao de elaboración e a orixinalidade.
A organización do concurso poderá desbotar aquelas mensaxes de carácter discriminatorio ou ofensivo.
Teredes que enviar a mensaxe escribindo un comentario a esta noticia no blog: www.endlcouto.blogspot.com
Haberá tres gañadores que recibirán como agasallo recargas telefónicas de 20€, 15€ e 10€, respectivamente, segundo resultaren 1º, 2º ou 3º gañador.
As mensaxes publicaranse neste blog. O prazo para recibir as mensaxes é o 18 de febreiro
Animádevos a participar!!

jueves, 21 de enero de 2010

"Queremos Galego"

Hoxe miles de galegos manifestámonos contra a política lingüística da Xunta e contra o borrador do decreto polas rúas de Santiago, enchendo a Praza do Obradoiro.