martes, 13 de octubre de 2009

OUFF - ESCOLA

Hoxe, 13 de outubro, tivo lugar no Auditorio de Ourense a entrega dos premios do primeiro concurso OUFFSCOLA.Os traballos presentados polos nosos alumnos do IES O Couto non tiveron a fortuna de seren premiados mais puidemos visionar os que levaron o primeiro premio nas tres categorías establecidas nas bases e temos que dicir en honor á verdade que ,alén de recoñecer o labor feito polos centros participantes, de que se trataba da primeira convocatoria e de que temos pouca formación no audiovisual , o pase das curtas resultounos bastante tedioso. Faltáballes ritmo e máis tendo en conta que o público presente eran rapaces de primaria e de secundaria principalmente. Con todo, é importante que esta iniciativa se siga levando a cabo , que os rapaces se interesen por este mundo do audiovisual e que os profesores tamén nos impliquemos e nos formemos.

martes, 6 de octubre de 2009

COMEDIA BÍFIDA



A representación teatral á que asistimos o martes día 6 de outubro no Auditorio de Ourense “Comedia Bífida” pon de manifesto con humor e ironía moitos dos tópicos, simplificacións e prexuízos que existen sobre o galego: soa mal, é unha lingua bruta, é de mala educación falarllo a quen non o fala, non o sei falar ben, o galego da escola é unha lingua inventada e imposta, é unha perda de tempo estudalo, é unha lingua minoritaria e non a fala ninguén , máis alá do Padornelo non serve para nada, se todos falásemos a mesma lingua non habería problemas,...A todos estes tópicos tense engadido nos últimos tempos os da “imposición do galego e a eliminación do castelán” na Galiza por parte do bipartito, así como o da “liberdade lingúistica”, defendido polo partido hoxe no goberno, que non é máis que o recoñecemento do dereito de obxección para aqueles que se negan a falar en galego.

viernes, 2 de octubre de 2009

Teatro: A esmorga


Co motivo da celebración do 50 aniversario da publicación de A esmorga e os 30 anos da morte do seu autor, o día trinta de outubro os nosos alumnos de 4º e 2º de bacharelato asistiron no Auditorio á presentación da adaptación que o grupo de teatro Sarabela fixo da novela de Eduardo Blanco Amor.
Aqueles que acudistes á representación e vistes este espectáculo podedes enviarnos os vosos comentarios críticos.