jueves 11 de noviembre de 2010

Teatro




O día 13, todos os grupos de 1º de Bacharelato acudimos á representación teatral Baby Boom no paraíso da compañía ourensá Teatro Muxicas, dirixida por Tito Asorey.
Este grupo de teatro sorprendeunos non só por tratarse dun conxunto de cegos ou con discapacidade visual, senón tamén pola temática da obra acerca do embarazo e todo o que se xera en torno a el: relacións de parella, presións familiares, etc, e sempre desde o humor e a ironía.
Resultou,pois, un espectáculo que mantivo sempre a nosa atención, especialmente no que se refire á actuación das dúas actrices e o ben que todos se desenvolveron no escenario.
Podedes deixar aquí os vosos comentarios.

4 comentarios:

  1. Iria Alberte 1ºB bach.Nov 12, 2010 01:33 AM

    Na obra que fomos ver o outro día mostraba as gañas dos actores de superarse,de seguir adiante a pesar de ter unha discapacidade,coa que eu persoalmente non tería esas gañas de segir adiante.
    Deronnos unha boa leción, mostrandonos que ainda que non poidan ver,poder facer calquera cousa sempre e cando se teñan ganas e lle poñamos moito esforzo e sacrificio.
    A obra abarcaba moitos temas da actualidade como o problema para ter fillos dalguns homes e mulleres,o machismo do sogro da protagonista ao querer que o neto fose un varón e se chamase coma el e coma o seu fillo e a presión que exercen alguns familiares para ter descendencia.

    ResponderSuprimir
  2. María Freije Botana 1Bach BNov 12, 2010 01:33 AM

    Na obra reflíctese un afán de superación.
    Os actores e actrices moi ben carecterizados desenvolvense moi ben nos seus papeis; a estructura da obra pareceume moi interesante posto que a vez que a protagonista relata a súa experiencia, os demais actores representano. Nesta obra tamén reflíctense moitos temas de actualidade, como o machismo, no caso de que o sogro soamente quere ter un fillo varón en vez dunha meniña, ou a presión por ter un problema a hora de concebir, e tiña que ser ela a esteril, non el.
    En resume pareceume unh obra moi interesante, tanto para rapaces da nosa idade como para outras xeracións.

    ResponderSuprimir
  3. Antía Iglesias 1ºANov 12, 2010 09:21 AM

    Ben,a temática da obra nun primeiro momento non me chamou demasiado a atención.Pero despois de ve-la representada gustoume, e gustoume moito máis sabendo que a xente que a estaba facendo era cega.Porque a verdade é, que o fixeron moi ben e esta discapacidade non foi un impedimento para disfrutar da función.

    ResponderSuprimir
  4. A obra que fomos ver o pasado día 13, tratou con humor, tenrura e ironía o tema do embarazo. Mostrounos a ansiada espera pola chegada dun meniño por parte da propia nai e da familia. Pero non só iso, senón que tamén nos amosou todo o que se desenrola ao seu redor como é a busca do propio embarazo, o anuncio do mesmo, a reacción da familia política, os consellos destes, en especial, sobre o nome que recibiría o acabado de nacer...
    A obra gustoume en xeral, pero o que máis me fascinou foi actuación dos actores. Ao ter unha discapacidade visual a capacidade de desenvolvemento nun escenario diminúe, mais as protagonistas souberon encher os seus papeis e darlle á obra moito máis valor do que xa tiña. Excepcional tamén a memoria da narradora, que en ningún momento abandonou o escenario, polo que tampouco puido nin botar unha ollada ao seu diálogo.

    Miriam Pérez Masid
    1ºBachiller A

    ResponderSuprimir