miércoles 3 de febrero de 2010

Contacontos en inglés e galego

Esta actividade organizada polo ENDL, polos seminarios de Inglés e Lingua Galega e patrocinada pola AMPA, desenvolveuse no salón de actos do noso instituto para os alumnos de 3º,4º de ESO e 1º de Bacharelato. En dúas sesións, o narrador profesional de orixe británica Tim Bowley e a galega Charo Pita propuxéronnos a través das súas historias, unha viaxe fantástica por mundos imaxinarios ao mesmo tempo que contribuíron a reforzar os coñecementos dos dous idiomas.

5 comentarios:

  1. O contacontos que vimos o luns gustoume, xa que os narradores xesticulaban moi ben e dábanlle boa entonación ás historias. Ademais, case todas as historias eran entretenidas e algunhas trataban de valores da vida. No obstante, unhas historias gustáronme máis que outras.

    Daniel Dorrío Pérez 4ªA

    ResponderSuprimir
  2. Damián Rodríguez González 4ºCFeb 5, 2010 12:09 AM

    Gustoume moito eran historias entretidas
    e delas sacabas a sua ensinanza
    pero mellor en galego que en ingles pero bueno mentres esten os dous polo menos

    ResponderSuprimir
  3. Carlos Puga García 4º E.S.O. cFeb 5, 2010 12:13 AM

    Pareceume unha actividade entretida,xa que, aparte des historias tan entretidas que podíanse escoitar,podíase,por outra parte,aproveitar e aprender algo de inglés,pero,sempre coa tradución,xa que se non seria imposible entender,ou polo menos a min

    ResponderSuprimir
  4. pablo perez rocha 4cFeb 5, 2010 12:19 AM

    foi unha actividade moi entretida na cal aprendimos un pouco mais de cada lingua.gustoume xa era divertida

    ResponderSuprimir
  5. En xeral a miña opinión sobre esta actividade é positiva. Penso que dende o primeiro momento causaron boa impresión e as historias, ademais de sern moi amenas estaban moi ben interpretadas en tábaselles que puñan interese ó contalas.
    Foron narración que algún día dentro de moito tempo poremos coma exemplo nalgunha situación laboral, en reunións entre amigos, ós noss fillos... pois case todas tiñan unha ensinanza, ou simplemente facíanos rir.
    Penso que foi unha tarefa difícil o feito de que estaban actuando cara un público adolescente, máis inquedos e despreocupados a outros públicos. Aínda así lograron chamar a nosa atención.

    Laura Pérez Otero 1ºB Bacharelato.

    ResponderSuprimir