sábado, 17 de diciembre de 2011

Mostra virtual de vinte experiencias normalizadoras

No vixésimo  aniversario da creación dos Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística, a Xunta de Galicia presenta vinte experiencias normalizadoras, entre as que se atopan algúns dos cómics animados realizados por alumnos do noso centro.Ver enlace:

http://www.xunta.es/linguagalega/20_anos_20_experiencias

http://www.xunta.es/linguagalega/comics_animados

jueves, 24 de noviembre de 2011

A lingua sabe a pan

Lipdub do CPI Virxe da Saleta.

A Lingua sabe a Pan from cpivirxedasaleta on Vimeo.

Cantigas medievais

O proxecto Littera... do Instituto de Estudos Medievais da Faculdade de Ciencias Sociais e Humanas da Universidade Nova de Lisboa, preséntanos unha web moi interesante cun amplísimo número de cantigas con notas explicativas de versos, toponimia, un glosario, imaxes dos cancioneiros e mesmo podemos escoitar a música das versións de diferentes intérpretes:
http://cantigas.fcsh.unl.pt/

Conxugador verbal

Ferramenta lingüística desenvolvida na USC polo grupo de investigación ProLNAT@GE que permite conxugar calquera verbo en galego de forma automática. Existe tamén unha versión en portugués:
http://conxugador.cilenis.com/

sábado, 26 de marzo de 2011

Contos do camiño e da rúa

Esta semana os nosos alumnos de 4º de ESO, tiveron a oportunidade de achegarse á figura de Otero Pedrayo a través do monólogo, baseado nos Contos do camiño e da rúa, da actriz Sabela Gago de Sarabela Teatro.Na representación tamén se requiriu a presenza dun profesor para representar o personaxe do fidalgo e mesmo algunhas das nosas alumnas participaron formando parte do coro.
Esta é unha boa maneira de aproximar aos alumnos o valor literario e o mundo narrativo do Patriarca.