sábado, 26 de marzo de 2011

Contos do camiño e da rúa

Esta semana os nosos alumnos de 4º de ESO, tiveron a oportunidade de achegarse á figura de Otero Pedrayo a través do monólogo, baseado nos Contos do camiño e da rúa, da actriz Sabela Gago de Sarabela Teatro.Na representación tamén se requiriu a presenza dun profesor para representar o personaxe do fidalgo e mesmo algunhas das nosas alumnas participaron formando parte do coro.
Esta é unha boa maneira de aproximar aos alumnos o valor literario e o mundo narrativo do Patriarca.