jueves, 17 de diciembre de 2009

martes, 13 de octubre de 2009

OUFF - ESCOLA

Hoxe, 13 de outubro, tivo lugar no Auditorio de Ourense a entrega dos premios do primeiro concurso OUFFSCOLA.Os traballos presentados polos nosos alumnos do IES O Couto non tiveron a fortuna de seren premiados mais puidemos visionar os que levaron o primeiro premio nas tres categorías establecidas nas bases e temos que dicir en honor á verdade que ,alén de recoñecer o labor feito polos centros participantes, de que se trataba da primeira convocatoria e de que temos pouca formación no audiovisual , o pase das curtas resultounos bastante tedioso. Faltáballes ritmo e máis tendo en conta que o público presente eran rapaces de primaria e de secundaria principalmente. Con todo, é importante que esta iniciativa se siga levando a cabo , que os rapaces se interesen por este mundo do audiovisual e que os profesores tamén nos impliquemos e nos formemos.

martes, 6 de octubre de 2009

COMEDIA BÍFIDA



A representación teatral á que asistimos o martes día 6 de outubro no Auditorio de Ourense “Comedia Bífida” pon de manifesto con humor e ironía moitos dos tópicos, simplificacións e prexuízos que existen sobre o galego: soa mal, é unha lingua bruta, é de mala educación falarllo a quen non o fala, non o sei falar ben, o galego da escola é unha lingua inventada e imposta, é unha perda de tempo estudalo, é unha lingua minoritaria e non a fala ninguén , máis alá do Padornelo non serve para nada, se todos falásemos a mesma lingua non habería problemas,...A todos estes tópicos tense engadido nos últimos tempos os da “imposición do galego e a eliminación do castelán” na Galiza por parte do bipartito, así como o da “liberdade lingúistica”, defendido polo partido hoxe no goberno, que non é máis que o recoñecemento do dereito de obxección para aqueles que se negan a falar en galego.

viernes, 2 de octubre de 2009

Teatro: A esmorga


Co motivo da celebración do 50 aniversario da publicación de A esmorga e os 30 anos da morte do seu autor, o día trinta de outubro os nosos alumnos de 4º e 2º de bacharelato asistiron no Auditorio á presentación da adaptación que o grupo de teatro Sarabela fixo da novela de Eduardo Blanco Amor.
Aqueles que acudistes á representación e vistes este espectáculo podedes enviarnos os vosos comentarios críticos.

miércoles, 23 de septiembre de 2009

Galego.Patrimonio da Humanidade

A iniciativa "Galego. Patrimonio da Humanidade" preséntase oficialmente o 17 de outubro no teatro Principal de Santiago promovida por un grupo de intelectuais e á que podedes adherirvos nesta ligazón http://galegopatrimoniodahumanidade.blogaliza.org/

miércoles, 10 de junio de 2009

Tríptico informativo

Tríptico informativo dirixido á comunidade educativa

Transcribimos aquí a información elaborada pola Coordinadora de ENDL:

Dende a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística enviámosvos en http://www.coordinadoraendl.org/doc/linguassuman.pdf un tríptico informativo que poñemos á disposición de todos aqueles ENDL, ANPAS, direccións de centros ou calquera persoa da comunidade educativa ou relacionada co mundo do ensino, e mesmo da sociedade en xeral, que queira difundilo.
O seu obxectivo é ofrecer información rigorosa sobre a aprendizaxe de linguas no noso ensino nun escenario problemático como o actual, determinado por intereses alleos aos estritamente pedagóxicos e que están ameazando a convivencia nos centros. Á falta dunha campaña informativa institucional e ante a inminente distribución por parte da administración educativa dunha enquisa ás familias carente de rigorosidade científica e de fiabilidade, a CGENDL quere apostar polo dereito dos nenos e nenas a ser igualmente competentes en galego e castelán abrindo un debate real sobre as medidas que temos que adoptar para conseguir que dominen plenamente as dúas linguas, tal e como establece a LOE.

viernes, 5 de junio de 2009

festival literario musical

Festival literario-musical
Esta semana realizamos un festival literario-musical no que participou o ENDL e mais o departamento de música. Resultou un acto moi entretido no que os alumnos asistentes estiveron moi atentos ás actuacións dos seus compañeiros que recitaron poemas, contaron historias e interpretaron varias pezas musicais ao piano, guitarra e acordeón. Moi aplaudida foi a actuación do grupo de cantantes formado por alumnas de 1º de Bacharelato e mais a profesora de música Gemma que nos deleitaron cunha cantiga medieval e cancións populares galegas.Moitas grazas a todos os participantes e asistentes.

martes, 19 de mayo de 2009

Actividade deportivo-literaria de" A esmorga"

Hoxe dez alumnos de 4º C xunto con dous profesores fixemos o itinerario de orientación deportivo-literararia baseado no roteiro de A esmorga de Eduardo Blanco Amor. Reunímonos na Praza Maior, á que acudiron tamén alumnos de As Franciscanas, onde nos explicaron como poder localizar as placas de esmalte azul que están distribuídas polo casco histórico de Ourense e que conteñen fragmentos da obra do escritor ourensán.
Coa axuda dun mapa e algún outro material iniciamos o percorrido divididos en grupos de cinco co profesor correspondente e durante unha hora, que era o tempo do que dispuñamos, fomos tomando nota dos textos que tiñamos que completar nos distintos puntos da cidade e terminamos diante da estatua do escritor.
Esta actividade serviunos para coñecer mellor a obra e tamén lugares de Ourense que non coñeciamos ou que nos pasaran desapercibidos.

miércoles, 13 de mayo de 2009

vídeo promocional da EOI

Nesta ligazón podedes ver o vídeo que profesores e algúns membros do PAS da EOI de Ourense realizaron como promoción do uso do galego.

martes, 12 de mayo de 2009

Pradolongo

Este venres,día 15 de maio proxectamos no salón de actos a película rodada en Valdeorras Pradolongo co fin de que vexades o cinema que se fai en galego e que poidades mandar os vosos comentarios despois de visionada. Tamén podedes ir á esta ligazón para buscar máis referencias deste filme.

miércoles, 6 de mayo de 2009

Correlingua





Unha nova edición do Correlingua en Ourense e como todos os anos o IES de O Couto participou activamente na carreira na que resultaron gañadores, como o ano pasado, alumnos de 2º de ESO. Non houbo tanta sorte no concurso das pancartas coas que participaban alumnos de 3º de ESO. Outro ano será! A andaina resultou moi agradábel, pois facía unha mañá estupenda e todos desfrutamos desta festa pola lingua que este ano levaba como lema: En galego!, pásao.

miércoles, 29 de abril de 2009

Canción dance


"A festa non vai parar" música e letra de canción dance en galego por DJ Son1c


domingo, 26 de abril de 2009

Suxestións

Desde este equipo de Normalización Lingüística suxerímosvos que vos adhirades ao Manifesto pola convivencia lingüística e a igualdade de dereitos para o galego.Aquí tedes a ligazón

miércoles, 18 de febrero de 2009

conmemoracións

2009, ano de Ramón Cabanillas

En novembro de 2oo9 cúmprense 50 anos da morte na súa vila natal, Cambados, dun dos poetas máis destacados das Irmandades da Fala e das Letras Galegas.


2oo9, centenario do nacemento de Aquilino Iglesia Alvariño

Nado en 1909 en Seivane, concello de Abadín, Lugo e autor de Cómaros verdes, primeiro libro importante da poesía de posguerra (1947)

viernes, 13 de febrero de 2009

San Valentín 2009

Cando eses ollos teus me miran,
todo o meu corpo se detén,
só o meu corazón palpita.
¡Miña xoia, meu amor, meu ben!

Daniel Cid Santás (3º ESO-C)

-Que ocorrería se che digo que a túa mirada é feiticeira?
-Que agardo por un dos teus aloumiños!
-Que me engaiolas!
-E...que ocorrería se che digo QUE TE QUERO???

Antía Otero García (3º ESO-C)

martes, 27 de enero de 2009