viernes, 31 de mayo de 2013

Visitamos a Casa de Rosalía


By Slide.ly - SlideShow Maker
Celebramos este ano o 150 aniversario da publicación de Cantares galegos e aproveitamos a ocasión para visitar a casa-museo de Rosalía de Castro en Padrón.

Visitamos Rianxo

By Slide.ly - SlideShow Maker

O 30 de maio visitamos a vila de Rianxo para coñecermos in situ o berce dos tres grandes escritores :Castelao,Rafael Dieste e mais Manuel Antonio. Estivemos na casa de Manuel Antonio percorrendo as salas onde se expoñen obxectos,documentos,fotografías...do autor; o que nos proporcionou un coñecemento máis amplo tanto da vida como da súa obra.Tamén visitamos o Museo do Mar que supuxo para nós,que somos do interior,familiarizarnos algo máis co modo de vida dunha vila mariñeira.Houbo tamén tempo de lecer percorrendo a vila e coñecendo parte da súa historia.En fin, unha boa maneira de adquirir coñecemento fóra das aulas!

viernes, 17 de mayo de 2013

Correlingua 2013

Correlingua en Ourense,celebrado o 2 de maio,no que os nosos alumnos de 3º de ESO gañaron o concurso de secundaria de pancartas.

sábado, 23 de marzo de 2013

Ponte nas Ondas


Participación no programa de Ponte nas Ondas realizado no mes de marzo no edificio Politécnico
da Universidade de Ourense.Participaron alumnos de 1º e 2º de ESO do noso instituto con recitado de lendas :Xavier Bayón,Paula Díaz,Valeria López,Clara Nieto e Jimena Salgado;  Xosé Saavedra, con pezas de gaita.Neste programa tamén participaron outros centros e persoas moi coñecidas como María do Ceo,Xosé Lois,etc.

miércoles, 13 de marzo de 2013

Ruta de A esmorga

Alumnos de 4º

Alumnos de 4º de ESO nas Burgas onde iniciamos a ruta de A esmorga.

martes, 12 de febrero de 2013

Gravación para Radio Voz

Ir a descargar

Programa de Radio Voz emitido o día 20 de xaneiro.

lunes, 11 de febrero de 2013

Receitas gañadoras do Entroido 2013

Sobremesas 2013

Aquí tedes algunhas fotos do concurso de sobremesas do Entroido deste ano.Os gañadores foron:1º premio, Uxía García e Paz Mª Álvarez de 3º C ; 2º premio,Clara Nieto de Román de 1ºA2 e 3º premio,Sergio Lloves Álvarez de 1ºA1.
Parabéns a todos os participantes e premiados!

martes, 22 de enero de 2013

Concurso de SMS e Cartas de Amor

Concurso de SMS

Concurso de sobremesas

Concurso de sobremesas

Proxección da curtametraxe "X Nada" e charla.


Charla ciberacoso
Esta actividade realizouse no centro cos alumnos de 4º de ESO e 1º de Bach.Primeiro proxectouse a curtametreaxe " X Nada" de Ficción Producciones e logo Manuel Dios, do Seminario Galego de Educación para a Paz, impartiu unha charla moi interesante sobre os temas que trata o filme como a violencia, o ciberacoso e a convivencia, a responsabilidade dos propios actos, a responsabilidade dos pais,a xustiza,a diversión, etc.

sábado, 12 de enero de 2013

Gravación para Radio Voz




Gravación do programa de Radio Voz sobre as actividades de normalización do noso
centro cos alumnos: Cristina,Alba,Martín,Iván de 1º de Bacharelato e Raul e Lucía
 de 2º de Bach. e Puri.Detrás da cámara,Encarna.
O programa emitirase en Radio Voz o 20 de xaneiro ás 12:30 h.