martes, 19 de mayo de 2009

Actividade deportivo-literaria de" A esmorga"

Hoxe dez alumnos de 4º C xunto con dous profesores fixemos o itinerario de orientación deportivo-literararia baseado no roteiro de A esmorga de Eduardo Blanco Amor. Reunímonos na Praza Maior, á que acudiron tamén alumnos de As Franciscanas, onde nos explicaron como poder localizar as placas de esmalte azul que están distribuídas polo casco histórico de Ourense e que conteñen fragmentos da obra do escritor ourensán.
Coa axuda dun mapa e algún outro material iniciamos o percorrido divididos en grupos de cinco co profesor correspondente e durante unha hora, que era o tempo do que dispuñamos, fomos tomando nota dos textos que tiñamos que completar nos distintos puntos da cidade e terminamos diante da estatua do escritor.
Esta actividade serviunos para coñecer mellor a obra e tamén lugares de Ourense que non coñeciamos ou que nos pasaran desapercibidos.

miércoles, 13 de mayo de 2009

vídeo promocional da EOI

Nesta ligazón podedes ver o vídeo que profesores e algúns membros do PAS da EOI de Ourense realizaron como promoción do uso do galego.

martes, 12 de mayo de 2009

Pradolongo

Este venres,día 15 de maio proxectamos no salón de actos a película rodada en Valdeorras Pradolongo co fin de que vexades o cinema que se fai en galego e que poidades mandar os vosos comentarios despois de visionada. Tamén podedes ir á esta ligazón para buscar máis referencias deste filme.

miércoles, 6 de mayo de 2009

Correlingua





Unha nova edición do Correlingua en Ourense e como todos os anos o IES de O Couto participou activamente na carreira na que resultaron gañadores, como o ano pasado, alumnos de 2º de ESO. Non houbo tanta sorte no concurso das pancartas coas que participaban alumnos de 3º de ESO. Outro ano será! A andaina resultou moi agradábel, pois facía unha mañá estupenda e todos desfrutamos desta festa pola lingua que este ano levaba como lema: En galego!, pásao.