Os alumnos de 2º de bacharealo asistiron no Auditorio Municipal de Ourense á representación da obra de Álvaro Cunqueiro O incerto Sr. don Hamlet,príncipe de Dinamarca realizada polo grupo Sarabela Teatro.Podes deixar aquí o teu comentario sobre algún aspecto da obra como: a recreación do mito por Cunqueiro, o teatro dentro do teatro, a relación da obra coa do autor inglés,co teatro clásico, o tema da loucura e da vinganza, a busca da propia identidade,os sentimentos,etc.,ou simplemente a túa valoración sobre a obra ou a posta en escena.
A min a obra gustoume en xeral, aínda que houbo momentos nos que se fixo algo lenta. Parecéronme curiosas algunhas metóforas que utilizaban, como o vento, que debido ao forte que sopraba arredor da cidade, tiñan que vivir illados na fortaleza sen saír, e en consecuencia , propiciado polo ambiente viciado e escuro, cometíanse crimes, a xente toleaba...
ResponderSuprimirE finlmente, cando Hamlet mataba á súa nai, manipuladora, e ao seu verdadeiro pai, liberándose dos enganos baixo os que vivira, abre as ventás e deixa correr o vento, como símbolo da liberación, do cambio de goberno, buscando a limpeza dese ambiente de crime que o asfixiara durante toda a súa vida.
Miguel Álvarez Sarria(2º Bach.)
Título: Comentario da obra de Cunqueiro
ResponderSuprimirA obra de Cunqueiro que vimos o martes día 28 de setembro ten o seguinte argumento:
-O suposto pai de Hamlet é asasinado polo seu irman, que en realidade é o verdadeiro pai. Hamlet investiga e dase conta de que o seu pai non foi asasinado, e acábao matando no medio dunha interpretación da vida do rei de Elsinor(o reino onde vivía), levada a cabo por un grupo de bufóns italianos que lle dan unha certa gracia ao drama. A raíña tamén é asasinada durante o transcurso da representación.Finalmente Hamlet suicídase.
Hai moitas diferenzas entre a obra de Cunqueiro e a de Shakespeare. A primeira é que mentres Shakespeare necesita seis palabras para describir o escenario e as circunstancias dadas, Cunqueiro desenrola seis páxinas para relatar que é Elsinor. E na obra de Cunqueiro aparece un coro que nos deixa todo aínda mais claro.
Na obra de Shakespeare hai unha pantasma, que é o pai morto e que se lle aparece a Hamlet. Na obra de Cunqueiro non hai pantasma, máis que nada porque o pai está vivo.No momento de aforcarse, Cunqueiro somete a Hamlet no absurdo
Para min é unha obra recomendable que se leva bastante ben. Aínda que hai algunha parte na que fai algo aburrida, no momento no que entran os bufóns para reprensentar a obra faise mais amena, aínda que sexa un drama.
Alexandre Quiroga Lorenzo
2º Bacharelato A
Gustoume bastante, a pesar de ser unha obra dramática tiña algúns aspectos cómicos, como a actuación dos bufóns procedentes de Italia. Tiña un vocabulario sinxelo, fácil de entender, de xeito que non se facía moi pesada.
ResponderSuprimirA obra inicial de Shakespeare e a adaptación de Cunqueiro teñen algunhas diferenzas entre sí:
-Na traxedia de Shakespeare Ofelia remata afogándose nun río e a Raíña conta o sucedido na escena final, mentres que na obra de Cunqueiro Ofelia sae da escena no asasinato do Rei e máis tarde a Raíña é asasinada polo propio Hamlet.
-Na obra de Shakespeare aparece a pantasma do pai de Hamlet, mentres que na de Cunqueiro o Rei que foi asasinado era o seu tio, e o pai foi asasinado por el mesmo na escena final.
-Na obra de Shakepeare as mortes de Hamlet e da Raíña prodúcense por envelenamento, mentres que na de Cunqueiro Hamlet suicídase e a Raíña é asasinada por Hamlet.
Brais Quiroga Lorenzo
A representación da obra de Álvaro Cunqueiro pareceume entretida aínda que se fai un pouco pesada por momentos, por exemplo cando Hamlet reflexiona en alto sobre o sentido da súa existencia...
ResponderSuprimirA parte que máis me gustou foi cando os cómicos italianos estaban ensaiando a obra que Hamlet escribira.
Un dos aspectos que máis me chamou a atención foi o do vento que sopraba sempre tan forte e tamén as mencións que se fan da brétema e do mar. Pareceume curioso xa que son elementos característicos de Galicia. Afondando un pouco na vida do autor entereime de que engadiu unha nota na segunda edición do libro na que conta que cando escribiu a obra sopraba un vendaval no seu Mondoñedo como os ventos do oeste de Elsinor.
Quizais Cunqueiro quixo facer presente na obra un elemento propio da súa terra e dotalo de tanta importancia como ten o vento ao longo de toda a trama.
Noelia Moreiras Arias (2º Bacharelato A)
O incerto señor don Hamlet príncipe de Dinamarca de Álvaro Cunqueiro pertence ao teatro galego da posguerra. Desenvolve o mito do Hamlet shakesperiano (o dilema do ser ou non ser) dun xeito moi persoal.
ResponderSuprimirÉ interesante o emprego do coro, encargado de interpretar a voz do pobo, outorgándolle así un papel activo e tamén unha función presentativa e reveladora da trama, ademais da técnica do teatro dentro do teatro.
Os personaxes avanzan segundo o fai a obra sobre todo no que respecta a Hamlet e a súa nai. A través dos repetidos monólogos vai artellando aos personaxes e converténdoos a través dun humor negro e irónico en seres patéticos, superficiais e sinxelos. Caso aparte é Hamlet, no que ocorre todo o contrario, pois a medida que avanza a obra medra a complexidade psicolóxica e a profundidade dos temas que aborda.
Os temas que trata son diversos e heteroxéneos, dende temas superficiais como o incesto ou o medo a envellecer a outros máis complexos e metafísicos como a busca de identidade, a lealdade, a morte e a vinganza.
Hai que prestar especial atención a simboloxía pois ten unha función enriquecedora da obra. Son elementos simbólicos o vento, a copa que contiña o veleno (a morte), a espada de Hamlet (a vinganza e a xustiza) e a comedia que o protagonista compuxo.
Persoalmente opino que non debemos ver a obra de Cunqueiro como unha versión desmellorada de Hamlet porque deste xeito estariamos conducidos ao erro senón como a súa particular interpretación aos interrogantes de Shakespeare aos que prefire dar respostas da súa propia colleita.
Fátima Testa Anta
2º Bacharelato C
O INCERTO SEÑOR DON HALET, PRÍNCIPE DE DINAMARCA
ResponderSuprimirEsta obra de teatro, pertence a Álvaro Cunqueiro, o cal cultivou tódolos xéneros literarios.
Trátase dunha obra original, baseada no Hamlet Shakesperiano. Móstrase o coro como a conciencia colectiva (o conxunto do pobo). Outro tema a tratar é o costume das raíñas dinamarqueasas de poderen casar cos seus fillos e cometeren incesto.
Os personaxes adoitan ser sinxelos, aínda que cunha linguaxe culta. En canto ao papel que representan na obra, a nai e Hamlet adquiren gran importancia, mentres que os outros móstranse noutro plano.
O vento adquire símbolos de inestabilidade e tranquilidade debido a que a xente teme a saír á rúa, pero temén pode adquirir símbolo de poder. Podemos considerar outro tema, como o da morte, todo por ambición e envidia.
A diferencia que presenta respecto ao Hamlet de Shakespeare é a presenza do coro.
Jéssica Quintas Lozano
2º Bacharelato C