miércoles, 10 de junio de 2009

Tríptico informativo

Tríptico informativo dirixido á comunidade educativa

Transcribimos aquí a información elaborada pola Coordinadora de ENDL:

Dende a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística enviámosvos en http://www.coordinadoraendl.org/doc/linguassuman.pdf un tríptico informativo que poñemos á disposición de todos aqueles ENDL, ANPAS, direccións de centros ou calquera persoa da comunidade educativa ou relacionada co mundo do ensino, e mesmo da sociedade en xeral, que queira difundilo.
O seu obxectivo é ofrecer información rigorosa sobre a aprendizaxe de linguas no noso ensino nun escenario problemático como o actual, determinado por intereses alleos aos estritamente pedagóxicos e que están ameazando a convivencia nos centros. Á falta dunha campaña informativa institucional e ante a inminente distribución por parte da administración educativa dunha enquisa ás familias carente de rigorosidade científica e de fiabilidade, a CGENDL quere apostar polo dereito dos nenos e nenas a ser igualmente competentes en galego e castelán abrindo un debate real sobre as medidas que temos que adoptar para conseguir que dominen plenamente as dúas linguas, tal e como establece a LOE.

viernes, 5 de junio de 2009

festival literario musical

Festival literario-musical
Esta semana realizamos un festival literario-musical no que participou o ENDL e mais o departamento de música. Resultou un acto moi entretido no que os alumnos asistentes estiveron moi atentos ás actuacións dos seus compañeiros que recitaron poemas, contaron historias e interpretaron varias pezas musicais ao piano, guitarra e acordeón. Moi aplaudida foi a actuación do grupo de cantantes formado por alumnas de 1º de Bacharelato e mais a profesora de música Gemma que nos deleitaron cunha cantiga medieval e cancións populares galegas.Moitas grazas a todos os participantes e asistentes.