martes, 11 de diciembre de 2012

Obradoiro de teatro

Obradoiro de teatro

Alumnos de 1º de Bacharelato cos actores e o director de Il Maquinario tras o obradoiro realizado no salón de actos. Esta actividade serviu para debater sobre os temas que afloraban na obra O home almofada, vista uns días antes no Teatro Principal.

domingo, 9 de diciembre de 2012

O home almofada

IMG_0959
Sinopse da obra "O Home Almofada"de Martin McDonagh,representación á que acudiron os alumnos de 1º de Bacharelato.O martes,11 teremos o obradoiro co director desta adaptación.
Nun país totalitario sen nome, Katurian, unha escritora de macabros contos infantís, está sendo interrogada por unha parella de policías a causa da aparición na cidade dunha serie de cadáveres de nenos. O modus operandi do asasino é similar ao que ela describe nalgúns dos seus relatos. Con todo,ela loita pola súa inocencia. Todo cambia cando descobre que na cela contigua está presa a súa irmá, que padece un forte trastorno psicolóxico por malos tratos de cando era nena, e tamén vai ser interrogada. Katurian tentará entrar en contacto con ela e o resultado deste encontro disipará as dúbidas sobre os asasinatos, pero abrirá outras incógnitas, aínda máis intensas e preocupantes...
Espectáculo de grande intensidade que a fonda no influxo que a violencia xoga no desenvolvemento do individuo desde unha perspectiva tenra e sarcástica a un tempo.
Profunda tamén na necesidade humana de imaxinar ficcións, de contar historias como medio para a redención ou para a pura supervivencia en circunstancias límite, como vía para combater a fugacidade e a brutalidade da vida.


Ollos de aula

Un novo número de Ollos de aula