viernes, 31 de mayo de 2013

Visitamos Rianxo

By Slide.ly - SlideShow Maker

O 30 de maio visitamos a vila de Rianxo para coñecermos in situ o berce dos tres grandes escritores :Castelao,Rafael Dieste e mais Manuel Antonio. Estivemos na casa de Manuel Antonio percorrendo as salas onde se expoñen obxectos,documentos,fotografías...do autor; o que nos proporcionou un coñecemento máis amplo tanto da vida como da súa obra.Tamén visitamos o Museo do Mar que supuxo para nós,que somos do interior,familiarizarnos algo máis co modo de vida dunha vila mariñeira.Houbo tamén tempo de lecer percorrendo a vila e coñecendo parte da súa historia.En fin, unha boa maneira de adquirir coñecemento fóra das aulas!

No hay comentarios:

Publicar un comentario